Situada en pleno corazón de Vigo, Clínica 64 é un espazo deseñado á vangarda da medicina, onde se aloxan as consultas da Dra. Carmen Beiras, oftalmóloga con máis de 30 anos de carreira; e a nova consulta da Dra. Rocío Garrido, oftalmóloga especialista en ciruxía oculoplástica, estética e vías lagrimais, e tamén en toxina botulínica.
Seriedade, atención e calidade. Clínica 64 garante, dende o primeiro día, un coidado minucioso e personalizado dos seus pacientes, grazas a un estilo profesional onde a seriedade é o piar fundamental de acción.
Clínica 64 conta con máis de 20 anos de experiencia. Unha longa traxectoria que destaca pola calidade médica, de primeiro nivel, e un servizo avalado polo coñecemento e a especialización.
A clínica reúne nun só espazo tecnoloxía, confort e atención personalizada. Ademais da experiencia médica, en Clínica 64 os pacientes poden solucionar os seus problemas coa confianza plena dende o primeiro momento.
A Dra. Carmen Beiras conta con máis de 30 anos de experiencia, sendo todo un referente en oftalmoloxía.
O seu renome débese non só ao seu rigor e calidade médica, senón tamén á súa atención cento por cento personalizada e á súa unión de tecnoloxía e experiencia.
Oftalmoloxía
clínica
Glaucoma: tratamento
Ciruxía
catarata
Ciruxía
refractiva
Tratamento de vista cansada ou presbicia
Dexeneración
macular
A Dra. Rocío Garrido é oftalmóloga especialista en ciruxía oculoplástica, estética e vías lagrimais, ademais de especialista en toxina botulínica. A través de diferentes procedementos cirúrxicos e con toda a experiencia, rigor e personalización que ofrece na súa consulta, os seus pacientes poden atopar solucións clínicas garantidas non só a nivel médico, senón tamén estético.
Oftalmoloxía
clínica
Ciruxía cataratas
GlaucomaSuperficie ocular
Ciruxía orbitaria
e vía lagrimal
Pálpebra
Lagrimeo
Ollo seco
Oculoplastia
Toxina
botulínica
A filosofía de traballo de Clínica 64 é brindar desde o primeiro instante un servizo de calidade e personalizado, onde a comprensión dos feitos e tratamentos por parte do paciente é fundamental. É importante o confort, a confianza e a relación con cada un deles, e ademais da calidade médica e o rigor clínico, garantimos uns resultados óptimos que axuden a mellorar a súa calidade de vida.
Cubra este formulario e poñerémonos en contacto con vostede rápidamente: